Escolas de Arte e Superiores de Deseño
As Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia están constituidas por catro centros educativos que imparten de xeito conxunto as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño e as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño; son: a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde de Ourense, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na Coruña e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón sita na cidade de Lugo. As Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño e as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño son o conxunto de ensinanzas do sistema educativo que teñen como finalidade proporcionar unha formación artística de calidade e garantir a cualificació dos futuros profesionais das artes plásticas e o deseño.
As Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño constan de 4 especialidades que son Deseño Gráfico, Deseño de interiores, Deseño de Moda e Deseño de Produto (itinerario Xeral ou itinerario Xoiaría e Complementos). Todas elas teñen una duración de 4 cursos académicos de 60 créditos ECTS cada curso, constituíndo un total de 240 créditos ECTS. Quen teña superado os estudos superiores de Deseño obterá o Título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño na especialidade correspondente, que será equivalente, a tódolos efectos, ao título universitario de grao.
As Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño estructúranse en ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior. A superación dun ciclo formativo de grao medio da lugar a obter o título de Técnico/a de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente. A superación dun ciclo formativo de grao superior da lugar a obter o título de Técnico/a Superior de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente.
Máis información:
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde
- Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos
- Páxina web: https://www.escolarte.com/
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
- Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos
- Páxina web: https://easd.es/
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
- Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos
- Páxina web: https://eapicasso.com/
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón
- Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos
- Páxina web: https://escoladeartelugo.com/