Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Escolas de Arte e Superiores de Deseño

Escolas de Arte e Superiores de Deseño [1]

Enviado por administrador a Ven, 07/03/2025 - 16:43

As Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia están constituidas por catro centros educativos que imparten de xeito conxunto as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño e as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño; son: a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde de Ourense, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na Coruña e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón sita na cidade de Lugo. As Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño e as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño son o conxunto de ensinanzas do sistema educativo que teñen como finalidade proporcionar unha formación artística de calidade e garantir a cualificació dos futuros profesionais das artes plásticas e o deseño.

 

As Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño constan de 4 especialidades que son Deseño Gráfico, Deseño de interiores, Deseño de Moda e Deseño de Produto (itinerario Xeral ou itinerario Xoiaría e Complementos). Todas elas teñen una duración de 4 cursos académicos de 60 créditos ECTS cada curso, constituíndo un total de 240 créditos ECTS. Quen teña superado os estudos superiores de Deseño obterá o Título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño na especialidade correspondente, que será equivalente, a tódolos efectos, ao título universitario de grao.

 

As Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño estructúranse en ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior. A superación dun ciclo formativo de grao medio da lugar a obter o título de Técnico/a de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente. A superación dun ciclo formativo de grao superior da lugar a obter o título de Técnico/a Superior de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente.

 

Máis información:

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde

  • Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos [2]
  • Páxina web: https://www.escolarte.com/ [3]

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

  • Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos [4]
  • Páxina web: https://easd.es/ [5]

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

  • Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos [6]
  • Páxina web: https://eapicasso.com/ [7]

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

  • Enderezo: consultar todos os datos do centro na páxina de centros educativos [8]
  • Páxina web: https://escoladeartelugo.com/ [9]
Gallego
Información xeral [10]
Ensinanzas de réxime especial [11]
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño [12]
Ensinanzas superiores de deseño [13]
Dirección Xeral de Formación Profesional [14]
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas [15]
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente [16]
Profesorado [17]
Alumnado [18]
Familias [19]
Centros [20]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46101

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46101
[2] https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/CargarDetalleCentro.do?OWASP_CSRFTOKEN=B18A-9ATZ-72UX-GMV6-20LQ-7KN9-L150-1M00&codigo=32016030
[3] https://www.escolarte.com/
[4] https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/CargarDetalleCentro.do?OWASP_CSRFTOKEN=B18A-9ATZ-72UX-GMV6-20LQ-7KN9-L150-1M00&codigo=15015834
[5] https://easd.es/
[6] https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/CargarDetalleCentro.do?OWASP_CSRFTOKEN=Q6HI-JYLF-I7VW-Y3C8-9L7O-3N55-FHNA-23RR&codigo=15005506
[7] https://eapicasso.com/
[8] https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/CargarDetalleCentro.do?OWASP_CSRFTOKEN=Q6HI-JYLF-I7VW-Y3C8-9L7O-3N55-FHNA-23RR&codigo=27006589
[9] https://escoladeartelugo.com/
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/209
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/40
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/41
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[20] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros