L2402004 Primeiros auxilios e promoción da saúde no centro educativo

15 horas para unha formación máis que necesaria do noso profesorado
Sofía Díaz Mosquera será a relatora única da actividade
Xov, 03/10/2024 - 13:38
primeiros auxilios

Pode ser unha das formacións máis necesarias en toda carreira profesional. Máis aínda na dun docente. Saber como actuar ante unha emerxencia, ante un risco de última hora, ante os problemas do día a día. Nestas 15 horas da actividade L2402004 Primeiros auxilios e promoción da saúde no centro educativo a relatora Sofía Díaz Mosquera ofreceranos todas as respostas. Estas xornadas contan con catro sesións presenciais a desenvolver nos seguintes luns e mércores: 9 e 14 de outubro, 6 e 11 de novembro.

 

Obxectivos

1. Coñecer a normativa e os protocolos referidos ao coidado da saúde e medidas para a promoción desta así como adquirir nocións básicas de primeros auxilios.

2. Capacitar ao profesorado e alumnado para a posta en práctica da RCP e outras accións para a atención ás urxencias sanitarias.

3. Simular en aula situacións que requiran a aplicación dos primeiros auxilios.

 

Contidos

1. Normativa e protocolos relacionados co coidado da saúde e os primeiros auxilios.

2. Prevención como promoción de saúde.

3. Actuacións básicas en urxencias de saúde e primeiros auxilios. Decálogo de primeiros auxilios.

4. A RCP no eido educativo.

5. Modelos educativos e entidades colaboradoras que contrubúen á prevención e intervención en situacións de risco referidas á saúde.

Menús CAFI node R

 

Sección