L2401039 Formación para profesorado en produción e comprensión oral. Inglés. Nivel B2

60 horas presenciais na EOI de Lugo
As sesións desenvolveranse os martes e xoves de 18:00 a 20:00 horas
Mér, 11/09/2024 - 11:25
b2

Andamos por aquí de novo para presentarvos a primeira actividade de Inglés deste curso. Se queres mellorar as túas capacidades orais neste idioma universal, temos a actividade perfecta para ti. L2401039  Formación para profesorado en produción e comprensión oral. Inglés. Nivel B2 celebrarase na EOI de Lugo os martes e xoves de 18:00 horas a 20:00 horas. A formación comezará o 26 de setembro e rematará o 15 de xaneiro de 2025, completando así 60 horas. Recordamos que é imprescindible acreditar o nivel B1 para participar na mesma.

OBXECTIVOS
1. Interactuar espontaneamente en conversas sobre temas de interese persoal ou relacionados coa súa especialidade.
2. Dar opinión e argumentar, aínda que con algunhas limitacións e dificultades, en conversas e debates sobre temas coñecidos.
3. Sintetizar e transmitir oralmente a terceiras persoas o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais, os detalles máis relevantes, as opinións e actitudes, recompilados de diversos textos orais ou escritos procedentes de distas fontes.

CONTIDOS
1. Temas de actualidade como: saúde e alimentación, ciencia e tecnoloxía, redes sociais, compras e actividades comerciais
2. Cultura e actividades artísticas, economía, política e sociedade, identidade persoal, información e medios de comunicación,
3. Lecer e tempo libre, relacións persoais e sociais, traballo, educación, vivenda, viaxes e estadías no estranxeiro...

Menús CAFI node R

 

Sección