L2402005 Introdución aos recursos de E-Dixgal

12 horas no CFR de Lugo neste primeiro trimestre
4 desas horas empregaranse para a realización de breves tarefas
Mar, 10/09/2024 - 10:50
e-dixgal

Eres novato/a no universo E-Dixgal? Queres adquirir os coñecementos básicos na plataforma? Tranquilo/a, esta é a túa actividade. Este primeiro trimestre queremos formar, con garantías, a todo o profesorado que participa en E-Dixgal e non ten asentados os seus fundamentos básicos. A través das Xornadas L2402005  Introdución aos recursos de E-Dixgal​​​​​​​ daremos resposta a todas as túas necesidades. Os próximos luns 30 de setembro (16:00 horas a 20:00 horas) e 7 de outubro (17:00 horas a 21:00 horas) verémonos as caras na Aula 1 do CFR de Lugo para introducirnos no marabilloso mundo de E-Dixgal. Unha vez rematadas estas dúas sesións presenciais, contaremos con 4 horas máis para a realización de breves tarefas sobre o aprendido (non presenciais).

Contaremos con dous relatores de excepción como son Óscar Martínez Rama e Alejandro Pérez Prado. Non deixes pasar esta oportunidade! O prazo de inscrición para esta actividade atópase aínda aberto.

 

Obxectivos

1. Familiarizar o profesorado co funcionamento do Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxecto E-Dixgal e coñecer as súas posibilidades para o desenvolvemento da avaliación formativa no proceso de ensino-aprendizaxe.

2. Publicar recursos e actividades, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial, aplicando criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade, etc).

3. Coñecer as posibilidades do EVA para lle prestar apoio ao alumnado en situacións de ensino-aprendizaxe, incluíndo o establecemento de comunicación de xeito efectivo e seguro.

 

Contidos

1. O Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) E-Dixgal. Funcionalidades xerais nas modalidades na online e offline.

2. Incorporación de contidos externos e propios nunha materia E-Dixgal.

3. Recursos.

4. Avaliación no EVA.

 

Indicadores de competencias

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.

Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.1. Identifica, con asesoramento, os requisitos que debe cumprir un contido dixital para axustarse a unha situación concreta de aprendizaxe e aplica os criterios correspondentes para a súa busca e selección, incluíndo a compatibilidade coas plataformas virtuais establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro.

Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - A2 - 2.2.A.2.1. Aplica, con axuda, os criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade etc.), disciplinares e técnicos para a edición e creación de contidos dixitais dirixidos a un grupo de alumnos e alumnas concreto.

Competencia dixital docente - 3. Ensino e aprendizaxe - A2 - 3.1.A.2.1. Integra de forma selectiva (adecuación aos obxectivos, aprendizaxes, alumnado etc.) os recursos dixitais dispoñibles no centro na programación didáctica con axuda doutros e doutras docentes, seguindo o modelo pedagóxico recolleito no P. E.

Competencia dixital docente - 3. Ensino e aprendizaxe - A2 - 3.2.A.2.2. Configura e emprega, co asesoramento doutros e doutras docentes, as tecnoloxías dixitais proporcionadas pola A. E. ou polas persoas titulares do centro para recibir información sobre a aprendizaxe do alumnado durante o proceso.

Competencia dixital docente - 4. Avaliación e retroalimentación - A2 - 4.1.A.2.1 Aplica, de forma guiada, as tecnoloxías dixitais de avaliación proporcionadas pola A. E. ou as persoas titulares do centro para a recollida de información sobre os indicadores fixados na programación didáctica.

Competencia dixital docente - 5. Empoderamento do alumnado - A2 - 5.1.A.2.1. Selecciona e utiliza, en contornos controlados ou con asesoramento, opcións básicas de accesibilidade coa tecnoloxía presente no centro.

Competencia dixital docente - 5. Empoderamento do alumnado - A2 - 5.2.A.2.1. Coñece os recursos dixitais dispoñibles no centro e utilízaos con axuda para atender ás necesidades persoais de aprendizaxe do alumnado aplicando un repertorio variado de estratexias seguindo criterios éticos e pedagóxicos.

Competencia dixital docente - 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado - A2 - 6.5.A.2.3. Coñece e comprende o funcionamento das tecnoloxías dixitais proporcionadas pola A. E. ou as persoas titulares do centro e coñece estratexias didácticas para ensinar a outras persoas a resolver problemas vinculados co seu uso.

Menús CAFI node R

 

Sección