L2401043 Formación para profesorado en chinés. Nivel A1.1
Iniciamos o curso académico cunha ampla oferta a nivel de linguas. E un ano máis, apostamos polo chinés. Desde este 25 de setembro ata o próximo 13 de xaneiro de 2025, poderás formarte en tan só 60 horas nun nivel básico neste idioma universal. A actividade L2401043 Formación para profesorado en chinés. Nivel A1.1, cuxo prazo de inscrición se atopa aínda aberto, terá lugar os luns e os mércores na EOI de Lugo en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Obxectivos
1. Adquirir coñecementos iniciais sobre as características básicas da lingua chinesa.
2. Comprender e producir textos orais e escritos de nivel de lingua A1.1.
3. Adquirir coñecementos iniciais sobre a cultura chinesa.
Contidos
1. Contidos socioculturais e sociolingüísticos propios do nivel A1.1 (fórmulas de cortesía, relacións sociais, etc.).
2. Contidos estratéxicos, funcionais e discursivos propios do nivel A1.1 (saúdos, presentacións, etc.).
3. Contidos sintácticos e léxicos propios do nivel A1.1 (información persoal básica, traballo e profesións, etc.).
4. Contidos fonético-fonolóxicos e ortotipográficos propios do nivel A1.1 (fonemas, tons, pinyin, trazos, etc.).