Título node Learning object

Ligazón á páxina web da Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE)
Lun, 05/03/2012 - 10:49
ONCE

A Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE) ten como finalidade a atención á autonomía persoal e integración social das persoas con discapacidade visual.

A ONCE conta cunha web onde poderá encontrarse información sobre axudas, recursos e outros aspectos de interese xeral para as persoas con discapacidade visual.

Dentro do espazo dedicado aos servizos sociais desta web, está incluído un espazo dedicado á Educación e onde se aporta información sobre os Centros de Recursos Educativos (CRE), accesibilidade educativa, recursos educativos, axudas técnicas e adaptación de materiais para a educación

Na Comunidade Autónoma de Galicia conta cun Centro de Recursos Educativos en Pontevedra, que colabora cos centros educativos galegos.

Ademais, considerando o desenvolvemento profesional como unha necesidade vital para as persoas discapacitadas e como vía de integración na sociedade, a  ONCE ofrece un Servizo de Apoio ao Emprego, e propón unha actuación en dúas direccións: incidindo na importancia da formación e buscando o compromiso dos axentes sociais que interveñen no mundo laboral, facilitando e apoiando os procesos formativos das persoas cegas e deficientes visuais e ofrecéndolles asesoramento, recursos e determinadas axudas para os eu desenvolvemento profesional