L2302007 - Integración das novas tecnoloxías no ensino de linguas estranxeiras
Que che parece se xuntamos os conceptos: novas tecnoloxías e linguas estranxeiras? A través da actividade L2302007 - Integración das novas tecnoloxías no ensino de linguas estranxeiras abordaremos o nexo de unión de ambas realidades. 15 horas de relatorios de nivel de todo un experto como é Marco Vélez.
Estas xornadas celebraranse no CFR Lugo entre o 16 e o 24 de febreiro e o 5 de febreiro (venres e sábados) en horario de 17:00 horas a 20:00 horas (venres) e de 09:30 horas a 14:00 horas (sábados). O prazo de inscrición atópase actualmente pechado. No caso de quedar algunha praza libre de última hora, podes escribir un correo a cfr.lugo.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal para que a túa solicitude se teña en conta.
Obxectivos
1. Seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas estranxeiras.
2. Adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación e familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas estranxeiras.
3. Promover a accesibilidade e a inclusión na aula de lingua estranxeira a través da capacitación dixital e da personalización.
Contidos
1. Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.
2. Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.
3. Ferramentas institucionais.
4. Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.