L2301022 - Introdución aos Espazos Virtuais de Aprendizaxe

20 horas (5 delas non presenciais) entre xaneiro e febreiro
Carmen Casás será a mestra de cerimonias
Mar, 19/12/2023 - 09:37
virtuais

As actividades TIC volverán ser protagonistas neste 2024. Hoxe presentámosvos a primeira do ano L2301022 - Introdución aos Espazos Virtuais de Aprendizaxe. 20 horas de formación (5 delas non presenciais) no CFR Lugo entre o 22 de xaneiro e o 26 de febreiro. As sesións celebraranse en luns entre as 17:00 horas e as 20:00 horas. A profesora Carmen Casás será a mestra de cerimonias dunha actividade na que afondaremos no Moodle e no E-Dixgal. O prazo de inscrición aínda se atopa aberto!

 

Obxectivos

1. Utilizar de forma guiada as distintas plataformas de participación e coordinación docentes establecidas pola AE ou as persoas titulares do centro.

2. Reflexionar de forma individual ou colectiva, sobre aspectos técnicos ou metodolóxicos concretos da súa práctica docente dixital que considerase relevantes.

3. Coñecer as vantaxes e os problemas asociados ao uso das plataformas de comunicación, colaboración e participación.

 

Contidos

1. Espazos Virtuais de Aprendizaxe: Moodle e E-Dixgal.

2. Creación e organización de cursos e actividades.

3. Xestión de cursos e actividades: matriculación de alumnado, creación de grupos.

4. Incorporación de contidos e recursos.

5. Vantaxes e problemas das plataformas de comunicación, colaboración e participación.

6.Creación de contornas dixitais seguras e saudables.

 

Indicadores de competencias

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.1.A.2.2. Emprega, co asesoramento doutros e doutras docentes e garantindo a accesibilidade, as tecnoloxías dixitais establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro nun contexto real de comunicación no ámbito educativo.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.2.A.2.1. Utiliza, de forma guiada, as distintas plataformas de participación e coordinación docentes establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.5.A.2.1. Contextualiza e cumpre as medidas establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro para a protección dos datos persoais, a privacidade e a garantía de dereitos dixitais de toda a comunidade educativa co asesoramento doutros e doutras docentes do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.5.A.2.2. Recoñece os riscos e ameazas da actividade dixital e cumpre as medidas de seguridade e prevención establecidas polo centro educativo, establecidas no plan dixital de centro, co apoio das persoas responsables do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.5.A.2.3. Identifica os riscos e ameazas para a saúde física e psicolóxica do alumnado asociada ao uso das tecnoloxías dixitais e cumpre coas pautas establecidas polo centro para a creación dun contorno saudable.

Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.2. Coñece o funcionamento e utiliza os repositorios de contidos institucionais e os empregados polo centro educativo.

Competencia dixital docente - 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado - A2 - 6.2.A.2.2. Coñece as vantaxes e os problemas asociados ao uso das plataformas de comunicación, colaboración e participación e aborda ambos os aspectos, con axuda, en actividades de sensibilización do seu alumnado.

Menús CAFI node R

 

Sección