Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

Lun, 18/12/2023 - 13:05

Xúntase a Resolución do 18 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de grego (590002), latín (590003), francés (590010), informática (590107), procesos comerciais (590221) e sistemas e aplicacións informáticas (590227) do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" indicado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas