Un total de 686 centros participan este curso en 44 programas educativos temáticos do Plan Proxecta
Son 59 centros máis que o curso pasado, que desenvolverán iniciativas relacionadas coa saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio ou o medio ambiente, e terán a implicación de máis de 8000 docentes
Este ano súmase o programa ‘Cóntame un conto’, para o impulso da tradición oral entre os escolares, en colaboración co Museo do Pobo Galego
Un total de 686 centros participan este curso nos diferentes programas educativos que a Xunta de Galicia integra no Plan Proxecta, o conxunto de iniciativas formativas en distintos ámbitos que ofertan as consellerías do Goberno galego en colaboración con outras institucións.
No Portal Educativo poden consultarse xa os centros participantes incluídos na resolución definitiva. Nela constátase un incremento de 59 centros co respecto ao pasado curso escolar, o que supón un crecemento do 9%. En total, o alumnado implicado participará en 44 programas de temáticas moi diversas, en función do interese dos propios centros. Para levalos a cabo, contará coa participación de 8102 docentes en toda a Comunidade.
A oferta de actividades, que complementa os currículos educativos, está relacionada cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade.
Como novidade, este ano súmase ao Plan Proxecta o programa Cóntame un conto, impulsado pola Consellería de Cultura en colaboración co Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego. O programa persegue promover a actividade de contar contos tradicionais entre os escolares para aproveitar as súas posibilidades educativas, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.
Por número de participantes, o programa con máis número de centros integrados é, un ano máis, Proxectos de vida activa e deportiva, que promove o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado. A distribución por programas é a seguinte:
Programas |
Centros participantes |
Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD) |
368 |
Nutriescolas |
145 |
Donas de si |
80 |
Proxecto Ríos |
65 |
ProxectoTERRA |
49 |
Correspondentes xuvenís |
45 |
MeteoEscolas |
42 |
Quérote+ |
33 |
Por 365 días de respecto e igualdade |
32 |
Vexo veo Xacobeo |
30 |
Mobilidade sostible e segura |
30 |
Apuntámonos a non beber |
27 |
Recíclate con Sogama |
26 |
Clases sen fume |
25 |
Proxecto de innovación en dinamización lingüística |
25 |
Consumópolis |
22 |
Nós tamén creamos! |
21 |
Paisaxe e Sustentabilidade |
20 |
Escola Verde |
20 |
Parlamento Xove |
20 |
Voluntariado miúdo: Móvete! |
20 |
Naturézate |
19 |
Educación patrimonial |
19 |
Proxecto didáctico Antonio Fraguas |
17 |
Salvavidas |
16 |
Protexe os animais |
15 |
Galicons-net |
14 |
Mestres gandeiros |
13 |
O monte vivo |
13 |
Rapazas emprendedoras nas TIC |
12 |
Fotografía en curso |
12 |
Pasaporte solidario |
11 |
Fitofaladoiro |
11 |
Aprendo programando |
10 |
Cóntame un conto |
10 |
Xente con Don |
9 |
Protexe o teu medio |
8 |
Rede de Centros Escolares Solidarios |
8 |
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional |
7 |
Activistas polo mundo que queremos |
6 |
Rede de Eco Hortas Escolares |
6 |
Sementando coeducación dende o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida |
3 |
Cinema en curso |
3 |
Moitavista na Escola |
2 |