L2301012 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2

60 horas en modalidade semipresencial.
Do 1 de febreiro ao 16 de maio
Xov, 23/11/2023 - 13:21
calc

Un ano máis volvemos cos famosos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Lingua Inglesa. Desde o 1 de febreiro de 2024 ata o vindeiro 16 de maio do citado ano, a EOI de Lugo acollerá a actividade L2301012 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2. 60 horas de duración en modalidade semipresencial, coa profesora Ana María Corredoira. Aínda quedan prazas libres para esta actividade e a inscrición pecharase o vindeiro 30 de novembro.

 

Obxectivos

1. Comprender textos orais e escritos extensos, ben organizados e lingüisticamente complexos en lingua estándar, sobre temas de ámbito específico e facendo uso de estratexias comunicativas.

2. Producir con corrección textos orais e escritos de extensión variada, ben estruturados e con precisión e fluidez sobre unha ampla serie de temas e adecuados ao contexto.

3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

 

Observacións

Esta formación levarase a cabo de maneira semipresencial. As clases presenciais serán os xoves de 18:00 horas a 20:00 horas.

 

Contidos

1. Expresións de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, así como riqueza léxica.

2. Intercambio de información en conversas con fluidez, eficacia e espontaneidade, en diferentes ámbitos de interacción social, destacando as ideas principais e defendendo opinións e puntos de vista con claridade.

3. Contidos (léxicos, discursivos, funcionais e situacionais) que reflicten os ámbitos e situacións comunicativas propias do contexto das áreas obxecto de estudo.

4. Priorización das tarefas vinculadas co eido educativo.

5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.

6. Utilización das TIC.

Menús CAFI node R

 

Sección