L2301032 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación secundaria

20 horas de formación, 3 delas non presenciais.
A actividade terá lugar entre finais de novembro e principios de decembro
Lun, 06/11/2023 - 11:01
programacion

Neste tramo final do primeiro trimestre, traemos a actividade L2301032 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación secundaria. 20 horas de formación (3 delas non presenciais) nas que se abordarán as programacións de Educación Secundaria con relatores de altísimo nivel como o inspector Íñigo Barreiro, as docentes do IES Valadares María del Carmen Boado e Silvia Pascual e perfís máis que contrastados como os de María Felisa Redondo e María Jesús Casado. O prazo de inscrición para este curso aínda se atopa aberto.

 

Datas

20/11/2023 17:00  -  20:00 3.0 horas

Íñigo Barreiro (Inspección Educativa): Marco legal e estrutura do currículo

 

24/11/2023 17:00  -  20:30 3.5 horas

Silvia Pascual e Carmen Boado (IES Valadares de Vigo): O traballo por ámbitos e o deseño de tarefas integradas

 

25/11/2023 09:30  -  13:00 3.5 horas

Silvia Pascual e Carmen Boado (IES Valadares de Vigo): O traballo por ámbitos e o deseño de tarefas integradas

 

30/11/2023 16:30  -  20:30 4.0 horas

Felisa Redondo (IES Ánxel Fole): Tarefas integradas e avaliación competencial

 

04/12/2023 17:00  -  20:00 3.0 horas

Mª Jesus Casado (ADIX): As programacións en PROENS

 

15/12/2023 17:00  -  20:00 3.0 horas

SESIÓN NON PRESENCIAL - Mª Jesús Casado: Creación dunha programación a través de PROENS. DATA LÍMITE DE ENTREGA DO TRABALLO

 

 

 

Obxectivos

1. Coñecer e analizar as características e estrutura do currículo de cara á elaboración da programación por ámbitos.

2. Adaptar a programación de cada área e nivel ás instrucións en vigor.

3. Establecer procedementos e instrumentos de avaliación acordes ao currículo.

 

Contidos

1. Marco legal. Estrutura do currículo.

2. A aprendizaxe interdisciplinar e competencial: programar por ámbitos:

   2.1. Deseño de tarefas integradas para o traballo competencial.

   2.2. Principios metodolóxicos: as metodoloxías activas.

3. Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.

4. Boas prácticas: propostas curriculares das diferentes áreas / materias / ámbitos.

5. Creación dunha programación en PROENS.

6. Posta en común.

Menús CAFI node R

 

Sección