L2301011 - Creación de contidos audiovisuais
A implantación dos Polos Creativos nos centros, dotados de equipación especializada, é unha aposta decidida para formentar a creatividade a través da aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria e desenvolver as competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas. A actividade L2301011 - Creación de contidos audiovisuais forma parte do itinerario formativo de Polos Creativos, pois un dos seus eidos é a creación audiovisual. Terá un total de 20 horas, que se desenvolverán durante o mes de outubro en Burela (o espazo aínda está por concretar).
Datas: 10, 17, 27 e 28 de outubro. As sesións do 10 e 17 de outubro terán lugar de 16:00 horas a 20:00 horas, a sesión do 27 de outubro será de 17:00 horas a 21:00 horas e a xornada do 28 de outubro terá un horario de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.
Relatores: Xacobo de Toro Cacharrón e Manuel Ruiz Delgado.
Obxectivos
1. Abordar o proceso de creación dun proxecto multimedia realizado en grupo.
2. Coñecer e manexar de xeito autónomo ferramentas diversas para a creación dun produto audiovisual.
3. Elaborar un produto audiovisual educativo.
Contidos
1. Ferramentas de edición de imaxes, audio e vídeo.
2. Software específico para a creación e edición audiovisual.
3. Deseño de proxectos audiovisuais educativos.