L2302011 Propiedade intelectual e licenzas de uso en educación
Neste trimestre afondamos en varias das grandes preocupacións do noso profesorado. As licenzas e a propiedade intelectual xeran constantes dúbidas no mundo dixital no que nos movemos. Por iso, coa actividade L2302011 Propiedade intelectual e licenzas de uso en educación; pretendemos poñer fin a eses problemas. Os días 30 de outubro e 6, 8, 13 e 15 de novembro; contaremos con dous expertos na materia para abordar estas temáticas: Esteban Folgar e Julio Mosquera. O horario da actividade será de 17:15 horas a 20:15 horas e a inscrición estará aberta ata o próximo 10 de outubro.
Obxectivos
1. Coñecer os distintos tipos de licenzas e os dereitos de autoría asociados a elas para publicar, transmitir, reproducir, citar, difundir, intercambiar ou compartir contidos dixitais propios e de terceiros.
2. Respectar os dereitos de autoría e as limitacións da propiedade intelectual aplicadas ao ámbito educativo para a reutilización e creación de contidos.
3. Coñecer os dereitos morais e patrimonais de autor e a súa relación coa propiedade intelectual para a asignación das licenzas máis axeitadas na compartición e publicación de contidos educativos dixitais.
Contidos
1. Tipos de licenzas e dereitos de autoría asociados a elas.
2. Dereitos de autoría e limitacións da propiedade intelectual aplicadas ao ámbito educativo.
3. Dereitos morais e patrimonais de autor e a súa relación coa propiedade intelectual.
4. Tipos de licenzas e uso ético nos procesos con contidos dixitais propios e de terceiros.
Indicadores de competencia dixital docente
1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.
2.3.A.1.1. Coñece e utiliza contornos dixitais seguros para a compartición de contidos con fins educativos, analizando as súas políticas de uso.
2.3.A.1.2. Coñece os distintos tipos de permisos que se poden outorgar en contornos dixitais á hora de compartir contidos en contextos educativos.
2.3.A.1.3. Coñece e aplica a normativa sobre propiedade intelectual e dereitos de autoría (reprodución, distribución e comunicación pública), así como os distintos tipos de licenzas e as condicións asociadas a cada unha delas.
2.3.A.1.4. Coñece e aplica de forma xeral os sistemas de catalogación e as funcionalidades que as ferramentas de autor/a ofrecen para incluír metadatos nos diferentes formatos de arquivos.