L2301041 - Formación para profesorado en produción e comprensión oral Inglés. Nivel C1
Queres actualizar os teus coñecementos en idiomas estranxeiros? Hoxe presentámosvos a actividade L2301041 - Formación para profesorado en produción e comprensión oral. Inglés. Nivel C1, co obxectivo de mellorar as competencias orais en lingua inglesa. 60 horas presenciais que se levarán a cabo na EOI de Lugo do 26 de setembro ata o 30 de xaneiro de 2024. Os martes e os xoves, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas tedes unha cita co Inglés!
Obxectivos
1.Participar en conversacións formais ou informais, cunha ou varias persoas interlocutoras, que traten temas abstractos, complexos ou específicos.
2.Facer declaracións públicas con fluidez, case sen esforzo e usando a entoación para transmitir o significado con precisión.
3.Realizar presentacións claras e ben estruturadas, sobre un tema complexo, ampliando con subtemas, desenvolvendo ideas concretas e defendendo puntos de vista con argumentos e exemplos adecuados.
Contidos
1.Alimentación, ciencia e tecnoloxía, compras e actividades comerciais, cultura e actividades artísticas.
2.Economía e industria, goberno, política e sociedade, identidade persoal, información e medios de comunicación, lecer e tempo libre.
3.Relacións persoais e sociais, traballo e actividades profesionais, viaxes e estancias no estranxeiro.