Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024

Lun, 24/07/2023 - 14:11

Achégase resolución do 24 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte da súa publicación ata o 25 de setembro de 2023.

A solicitude realizarase a traves do aplicativo Programas Educativos.