Publicación das relacións provisionais de persoal docente obrigado a participar na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes, curso 2023-24

Ven, 07/07/2023 - 14:36

Xúntase a Resolución do 7 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais 2023/2024.

  • Prazo de reclamacións    

       O prazo para formular reclamacións é de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 10 ao 14 de xullo)

As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 7 DE XULLO DE 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I ou II segundo proceda.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.