Publicación das relacións provisionais de persoal docente obrigado a participar na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes, curso 2023-24 [1]
Enviado por administrador a Ven, 07/07/2023 - 14:36Xúntase a Resolución do 7 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais 2023/2024.
- Prazo de reclamacións
O prazo para formular reclamacións é de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 10 ao 14 de xullo).
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]), a través do procedemento PR004A [3].
No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 7 DE XULLO DE 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I ou II segundo proceda.
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.