Convocatoria do Programa Educativo Acompaña

Mar, 27/06/2023 - 09:16
inclusión

Resolución do 23 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases da convocatoria do Programa Acompaña, dirixido a centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que escolaricen alumnado da etapa de Educación Infantil e dos dous primeiros ciclos de Educación Primaria durante o curso académico 2023/24.

  • O prazo de solicitude deste programa comezará ao día seguinte da publicación desta resolución no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/portal/) e rematará o 17 de xullo de 2023.