Resolución do 22 de xuño de 2023, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos para o curso 2023/24

Ven, 23/06/2023 - 10:48
cp innova

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes e do plan de mellora en materia de innovación educativa comeza o día seguinte ao de publicación desta resolución e remata o 22 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Pódese consultar a información sobre cada programa na páxina web de CPInnova (pendente de actualización): https://www.edu.xunta.gal/portal/cpinnova