Convocatoria do programa Educación Responsable para o curso 2023/24

Mér, 26/04/2023 - 14:43
er

Resolución do 25 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial e ciclos de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2023/24. 

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.