Concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de PES, esp. orientación educativa, para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos

Lun, 24/04/2023 - 15:08

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos (DOG nº 78 do 24 de abril de 2023).

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes de participación obrigatoriamente por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A).

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 25 de abril de 2023 ata o día 24 de maio de 2023.