L2201030 e L2201031 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés nos niveis B2 e C1

Ambas actividades desenvolveranse do 7 de febreiro ao 25 de maio na EOI Lugo
Mar, 24/01/2023 - 13:21
ingles

Chegou o momento do Inglés no noso CFR. E por iso ofertamos dous cursos de actualización lingüística neste idioma: L2201030 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel B2 e L2201031 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel C1. Ambos celebraranse na EOI Lugo do 7 de febreiro ao 25 de maio. Os días elixidos son os martes e os xoves, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas.

Nivel B2. Obxectivos

1. Comprender textos orais e escritos extensos, ben organizados e lingüisticamente complexos en lingua estándar, sobre temas de ámbito específico e facendo uso de estratexias comunicativas.
2. Producir con corrección textos orais e escritos de extensión variada, ben estruturados e con precisión e fluidez sobre unha ampla serie de temas e adecuados ao contexto.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

Nivel B2. Contidos

1. Expresións de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, así como riqueza léxica.
2. Intercambio de información en conversas con fluidez, eficacia e espontaneidade, en diferentes ámbitos de interacción social, destacando as ideas principais e defendendo opinións e puntos de vista con claridade.
3. Contidos (léxicos, discursivos, funcionais e situacionais) que reflicten os ámbitos e situacións comunicativas propias do contexto das áreas obxecto de estudo.
4. Priorización das tarefas vinculadas co eido educativo.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.

Nivel C1. Obxectivos

1. Utilizar o idioma con fluidez e naturalidade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, adaptándose con facilidade a unha gama extensa de situacións e rexistros.
2. Comprender e producir textos complexos sobre temas xerais, da súa especialidade e/ou dos ámbitos académico e profesional, cun bo dominio dun repertorio amplo de recursos lingüísticos.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

Nivel C1. Contidos

1. A comunicación: idiomas e sociedade.
2. As relacións persoais, a cultura, a economía, o mundo natural,...
3. As relacións sociais, académicas e profesionais.
4. Recursos idiomáticos: usos idiomáticos frecuentes.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.

 

Menús CAFI node R

 

Sección