Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023

Mér, 14/12/2022 - 11:29

Xúntase o texto da Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023. A data prevista de publicación no DOG é o 5 de xaneiro de 2023.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información: