Resolución definitiva do programa Radio na Biblio. Curso 2022/23

Mér, 30/11/2022 - 10:44
rb

Achégase arquivo da Resolución definitiva da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa coa relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio no presente curso 2022/23, así como a relación de centros de continuidade (137). En total forman parte deste programa 167 bibliotecas escolares, distribuídas por todo o territorio galego.

O programa Radio na biblio pretende o reforzo das competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación do alumnado, mediante a creación dunha emisora ou laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar e contribúe á consecución dos obxectivos do Plan LIA 21-25 de Bibliotecas Escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.