A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición do centros Abalar unha versión para atender á diversidade funcional do alumnado

O proxecto foi desenvolvido por Cultura e Educación en colaboración coa ONCE e a asociación TADEG@

Dom, 22/01/2012 - 10:05
Versión para atender á diversidade funcional do alumnado
A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición do centros Abalar unha versión para atender á diversidade funcional do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos centro Abalar unha versión accesible pensada para atender á diversidade funcional do alumnado.

Así, e dentro do proxecto Abalar, a Consellería de Educación, en colaboración coa ONCE e a asociación TADEG@ , pon a disposición dos centros educativos unha solución accesible para o equipamento do alumnado que contempla a diversidade dos alumnos e alumnas e as súas necesidades.

Accións de colaboración

A Consellería de Cultura e Educación vén desenvolvendo diversas actuacións en colaboración coa ONCE e Tadeg@ para mellorar a accesibilidade do equipamento, buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte as necesidades de tódolos alumnos.

Entre as actuacións que se están a realizar está a posta a disposición dos centros educativos dunha solución accesible para o equipamento do alumnado integrada no deseño "Consolidación software Abalar" .

O deseño está baseado integramente en software libre e sistemas GNU-Linux, incorpora as mesmas ferramentas educativas accesibles incluídas no equipamento do alumnado en xeral, e aplicacións específicas como lectores de pantalla (ORCA), teclado en pantalla, magnificador (Compiz), lector de audio-libros, conversores específicos, etc.

Na actualidade esta solución está en funcionamento en doce centros educativos sendo xa utilizada por alumnos e alumnas con deficiencia ou discapacidade visual aos que a solución lles permite utilizar o equipamento nas mesmas condicións que os seus compañeiros de aula.

Actualmente o proxecto está estudando novas medidas para atender a alumnado con outro tipo de diversidades funcionais, proceso no que están a colaborar ademais da ONCE e Tadeg@ , profesorado e centros educativos nos que se realizan as probas.

Deste xeito a Consellería de Cultura e Educación continúa da dar pasos a prol da calidade, atendendo as necesidades de toda a comunidade educativa.