L2201018 - Curso de lingua de signos básico
O próximo 24 de outubro dará comezo unha das actividades máis agardadas deste trimestre. A cal se prolongará ata o 28 de novembro na Aula 1 do Edificio Escola de Idiomas de Monforte. O curso L2201018: Curso de lingua de signos básico, de 30 horas presenciais de duración, desenvolverase nas seguintes datas: 24 e 27 de outubro e 3, 7, 10, 14, 17, 21, 24 e 28 de novembro de 2022. Os relatorios, a cargo de José Bailón, serán de 18:00 a 21:00 horas.
Obxectivos
1.Adquirir un nivel básico de comprensión e expresión en lingua de signos.
2.Coñecer e aplicar as habilidades de expresión corporal necesarias para unha produción básica en LSE.
3.Fomentar a integración do alumno e alumna con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar.
Contidos
1.O alumnado con discapacidade auditiva e o seu acceso á comunicación.
2.Acceso ao currículo do alumnado con discapacidade auditiva.
3.A lingua de signos como sistema lingüístico: regras xerais, sintaxe e ampliación do léxico a nivel I.