L2201029- Inglés oral C1
O CFR Lugo abre as portas á adquisición do nivel C1 en Inglés, cada vez máis demandado polo profesorado e pola propia actividade docente. Por iso, esta casa oferta o curso L2201029 - Inglés oral C1, de 60 horas de duración e que se levará a cabo na Aula 10 da EOI Lugo. Dita actividade comezará o próximo 4 de outubro e prolongarase ata o 26 de xaneiro do próximo 2023. Os días elixidos son martes e xoves, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas.
Obxectivos
1. Participar en conversacións formais ou informais, cunha ou varias persoas interlocutoras, que traten temas abstractos, complexos ou específicos.
2. Facer declaracións públicas con fluidez, case sen esforzo e usando a entoación para transmitir o significado con precisión.
3. Realizar presentacións claras e ben estruturadas, sobre un tema complexo, ampliando con subtemas, desenvolvendo ideas concretas e defendendo puntos de vista con argumentos e exemplos adecuados.
Contidos
1. Alimentación, ciencia e tecnoloxía, compras e actividades comerciais, cultura e actividades artísticas.
2. Economía e industria, goberno, política e sociedade, identidade persoal, información e medios de comunicación, lecer e tempo libre.
3. Relacións persoais e sociais, traballo e actividades profesionais, viaxes e estancias no estranxeiro.