L2201034 - VII Xornadas XuvenCiencia para o profesorado

Actividade de 19 horas en colaboración coa USC
Contará cunha parte presencial (12 horas) e outra práctica (7 horas)
Ven, 23/09/2022 - 13:37
ciencia

En colaboración coa USC ofértase a actividade L2201034 - VII Xornadas XuvenCiencia para o profesorado. Convivio de ciencia na que se pode facer a inscrición a través de Fprofe ata o día 28 de setembro. Esta actividade nace da posta en práctica dos diferentes kits indicados destinados para diferentes materias, perfeccionados durante 10 anos por XuvenCiencia, co propósito de tecer unha cultura científica galega para o profesorado non universitario.

A súa duración é de 19 horas, 12 presenciais e 7 de fase práctica. As sesións presenciais desenvolveranse o día 14 pola tarde; e o 15, en todo o día.

Obxectivos

1. Proporcionar formación ao profesorado preuniversitario na práctica investigadora e no método científico para achegalo ás súas aulas.
2. Planificar e desenvolver proxectos de investigación na aula.
3. Proporcionar chaves para a elaboración e presentación en público dun estudo científico.

Contidos

1. O método científico e a práctica investigadora na aula.
2. Metodoloxías e ferramentas para a realización de proxectos de investigación.
3. Metodoloxías e ferramentas para a presentación de estudos científicos.

Menús CAFI node R

 

Sección