L2202015 - O coidado do benestar do alumnado
Cada vez cobra máis importancia a importancia do coñecemento e xestión das emocións en calquera ámbito da vida. Froito deste interese manifestado polo profesorado ofertamos a actividade L2202015 - O coidado do benestar do alumnado, na que se pode facer a inscrición a través de Fprofe (ata 26 de setembro). A duración é de 12 horas e desenvolverase en outubro os días 19 e 26; e en novembro o 2 e 9, en horario de 17:30 horas a 20:30 horas. A exposición correrá a cargo de Yolanda Fernández López.
Obxectivos
1. Formar ao profesorado para favorecer a xestión emocional do alumnado.
2. Promover actuacións de aula e centro para a prevención e detección de problemas socioemocionais no alumnado.
3. Adquirir estratexias e pautas de actuación para intervir en situacións de risco derivadas de problemáticas de índole emocional do alumnado.
Contidos
1. Educación emocional no contexto educativo. O desenvolvemento das competencias emocionais.
2. Prevención e detección de problemáticas de tipo emocional no alumnado. Factores de protección e indicadores de risco.
3. Estratexias e pautas de actuación ante situacións de risco.