L2201032 - Chinés A1.1

60 horas presenciais entre o 3 de outubro e o próximo 25 de xaneiro
A actividade terá lugar na EOI Lugo
Xov, 22/09/2022 - 09:26
chines

A EOI Lugo acollerá unha actividade que nos sumerxirá de cheo no continente asiático. A partires do próximo 3 de outubro, e ata o 25 de xaneiro de 2023, a Escola Oficial de Idiomas da capital desenvolverá o curso L2201032 - Chinés A1.1. 60 horas presenciais que se celebrarán na Aula 1B os luns e mércores de 18.00 a 20.00 horas. Os relatorios da actividade levan o nome de Pino Alonso.

 

Obxectivos

1. Adquirir coñecementos iniciais sobre as características básicas da lingua chinesa.

2. Comprender e producir textos orais e escritos de nivel de lingua A1.1.

3. Adquirir coñecementos iniciais sobre a cultura chinesa.

 

Contidos

1. Contidos socioculturais e sociolingüísticos propios do nivel A1.1 (fórmulas de cortesía, relacións sociais, etc.)

2. Contidos estratéxicos, funcionais e discursivos propios do nivel A1.1 (saúdos, presentacións, etc.)

3. Contidos sintácticos e léxicos propios do nivel A1.1 (información persoal básica, traballo e profesións, etc.)

4. Contidos fonético-fonolóxicos e ortotipográficos propios do nivel A1.1 (fonemas, tons, pinyin, trazos, etc.)

Menús CAFI node R

 

Sección