L2202009 - Deseño universal de aprendizaxe. Camiño cara a inclusión
O CFR Lugo acollerá este mes de outubro unha das actividades máis agardadas do trimestre. Falamos das Xornadas L2202009 - Deseño universal de aprendizaxe. Camiño cara a inclusión, que contarán con Sonia López Rodríguez como relatora. Durarán un total de 8 horas, que terán lugar os xoves 13 e 20 de outubro. O prazo de inscrición para as mesmas aínda se atopa aberto.
Obxectivos
1. Analizar o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).
2. Valorar as implicacións dos principios propostos polo Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) no proceso educativo.
3. Identificar propostas didácticas que atendan aos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).
Contidos
1. DUA: Principios, pautas e puntos de verificación.
2. Contornos accesibles: A accesibilidade cognitiva.
3. Aplicación do DUA na aula: Metodoloxías e recursos.
4. Propostas prácticas de aplicación das Pautas do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).