Publicada no DOG a Orde de axudas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea (ED301K)

Ven, 02/09/2022 - 11:39

Orde do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento ED301K).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.