Publicación da adxudicación definitiva do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente

Mér, 27/07/2022 - 15:03

Xúntase a Resolución do 27 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a adxudicación definitiva do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (desde o día 28 de xullo ata o día 29 de agosto de 2022, ambos incluídos).
 
O recurso de reposición formularanse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do modelo xenérico RECURSO REPOSICIÓN dispoñible na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
 

O formulario do modelo xenérico debe cubrirse do seguinte xeito:

 
a) No campo ACTO RECURRIDO: RESOLUCIÓN DEFINITIVA ATENCIÓN PREFERENTE 2022/23
 

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

Menú Advertisement

Comisións de servizo

Sen términos