A Xunta abre mañá o prazo de solicitude nas máis de 37.500 prazas de FP para o vindeiro curso
Os interesados poderán optar ata o 5 de xullo ás 13,00 horas
Increméntase nun 25% o número de prazas tanto na FP Dual como nos másteres
A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de solicitude para as máis de 37.500 prazas de Formación Profesional para o vindeiro curso. Cómpre lembrar que se incrementa nun 25% o número de prazas tanto na FP Dual, con 120 proxectos novos, como nos másteres de FP, con 34.
A presentación de solicitudes permanecerá aberta ata o vindeiro 5 de xullo ás 13,00 horas. As principais datas, que poden consultarse no Portal Educativo con detalles para cada unha das modalidades, son as seguintes:
Réxime e modalidade |
Presentación de solicitudes |
Listaxe provisional de solicitudes |
Listaxe definitiva de solicitudes Listaxe de prazas adxudicadas |
Período de matrícula para as persoas admitidas |
Ordinario e modular para as persoas adultas |
Do 23 de xuño ás 9,00 h. ao 5 de xullo ás 13,00 h. |
8 de xullo |
19 de xullo |
Do 19 de xullo ao 22 de xullo ás 13,00 h. (para a 1ª adxudicación) |
FP Dual |
Do 23 de xuño ás 9,00 h. ao 5 de xullo ás 13,00 h. |
6 de xullo |
11 de xullo (do 11 ao 14 de xullo haberá un período de selección polo centro educativo e as empresas) Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo |
Do 18 de xullo ao 26 de xullo ás 13,00 h. |
Másteres de FP |
Do 23 de xuño ás 9,00 h. ao 5 de xullo ás 13,00 h. |
8 de xullo |
19 de xullo |
Do 19 de xullo ao 26 de xullo ás 13,00 h. |
Do total das prazas, 26.400 son para os ciclos ordinarios, cunha vintena de incorporacións; 4.400 no réxime de persoas adultas e con cinco ciclos máis; 4.300 na FP a distancia, tamén con 11 ciclos a maiores; 680 prazas en másteres de FP, dos que se estrean nove; e un total de 1.800 prazas en FP Dual, onde se ofrecen arredor de 120 proxectos a través de 56 titulacións diferentes.
A oferta detallada por provincia e concello pode consultarse no Portal Educativo.