Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2021 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Xov, 05/05/2022 - 10:10

Orde do 18 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2021 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.