Selección de estadías formativas en empresas ou institucións para profesorado de formación profesional e das artes plásticas e o deseño 2022. Resolución provisional da comisión de selección e avaliación

Mar, 12/04/2022 - 14:10

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

O prazo para efectuar reclamacións, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.