Resolución provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD, mestres e inspectores de educación

Mar, 15/02/2022 - 09:49

Xúntase a Resolución do 14 de febreiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 1 de marzo de 2022, ambos incluídos.

  • Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- A ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

  • Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

PDF icon Orde do 26 de outubro de 2021 (DOG)

PDF icon Circular 8 / 2021

PDF icon Resolución do 17 de novembro de 2021

PDF icon Anexo I Vacantes provisionais do corpo 555

PDF icon Anexo II Vacantes provisionais do corpo 590

PDF icon Anexo III Vacantes provisionais do corpo 591

PDF icon Anexo IV Vacantes provisionais do corpo 592

PDF icon Anexo V Vacantes provisionais do corpo 593

PDF icon Anexo VI Vacantes provisionais do corpo 594

PDF icon Anexo VII Vacantes provisionais do corpo 595

PDF icon Anexo VIII Vacantes provisionais do corpo 596

PDF icon Anexo IX Vacantes provisionais do corpo 597

PDF icon Resolución do 2 de decembro de 2021: Composición da Comisión Avaliadora

PDF icon Resolución do 2 de decembro de 2021: Composición da Comisión Avaliadora (DOG)

PDF icon Resolución provisional

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas primaria

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas secundaria

PDF icon Adxudicación provisional primaria

PDF icon Adxudicación provisional secundaria alfabético

PDF icon Adxudicación provisional secundaria por especialidade

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional inspectores (alfabético)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (inspectores)

PDF icon Resolución 31 de marzo de 2022 publicación vacantes definitivas

PDF icon Anexo I: Vacantes definitivas do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes definitivas do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes definitivas do corpo 591

PDF icon Anexo IV: Vacantes definitivas do corpo 592

PDF icon Anexo V: Vacantes definitivas do corpo 593

PDF icon Anexo VI: Vacantes definitivas do corpo 594

PDF icon Anexo VII: Vacantes definitivas do corpo 595

PDF icon Anexo VIII: Vacantes definitivas do corpo 596

PDF icon Anexo IX: Vacantes definitivas do corpo 597

PDF icon Resolución pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados (pendente de publicar no DOG)

PDF icon Anexo I: Adxudicación destino definitivo ao persoal funcionario docente do corpo de mestres

PDF icon Anexo II: Adxudicación destino definitivo ao persoal funcionario docente dos corpos de secundaria e outros

PDF icon Anexo III: Situación de expectativa de destino ao persoal funcionario do corpo de mestres

PDF icon Anexo IV: Situación de expectativa de destino ao persoal funcionario do corpo de secundaria e outros

PDF icon Anexo V: Relación definitiva de persoas excluídas

PDF icon Resolución pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados (DOG)

PDF icon Instrucións para a toma de posesión do profesorado