Avaliacións de ámbito internacional

A avaliación do sistema educativo é un elemento imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados, exercendo unha función de transparencia e de rendemento de contas á sociedade e contribuíndo ao coñecemento do sistema para orientar a toma de decisións das institucións e dos sectores implicados na educación.

Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais. A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, desde a Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, a través do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo, organiza, planifica e adapta á lingua galega ditas avaliacións, en coordinación co INEE e o organismo avaliador. Tamén coordina o desenvolvemento na comunidade autónoma das mesmas e as accións de mellora dos centros e servizos educativos que delas se deriven.

As avaliacións internacionais nas que Galicia participa son as seguintes:

PISA 

PIRLS

TIMSS

TALIS 

ICCS

ICILS

SSES 

PIAAC

ESLC