Convocatoria do programa eduemprende Finanzas para mortais 2021-2022

Lun, 13/12/2021 - 10:37

Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Banco Santander e UCEIF (Fundación de la Universidad de Cantabria para el estudio y la investigación del sector financeiro) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.