Título node Learning object

Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, "O camiño que nos fai iguais"
Ven, 26/11/2021 - 10:52
Concurso Escolar del Grupo Social ONCE, “El camino que nos hace iguales”

O Grupo Social ONCE convida a estudantes, pais e docentes de todos os centros educativos a traballar pola inclusión e a igualdade dentro da súa contorna máis próxima nos ámbitos do lecer, a educación, o emprego ou a accesibilidade universal.

Baixo o lema "O camiño que nos fai iguais" iníciase así a 38 edición do Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, un histórico programa de sensibilización educativa cunha proposta pedagóxicamente actual e atractiva, baseada na LOMLOE, para impulsar o traballo nos valores de inclusión e igualdade desde a etapa educativa.

Como en edicións anteriores, no 38 concurso escolar do Grupo Social ONCE poden participar todos os escolares dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, desde Primaria ata Bacharelato, ademais de Educación Especial e Formación Profesional.

Ademais, por primeira vez, creouse unha categoría para impulsar a participación das Asociacións de Nais e Pais de Alumn@s (ANPAS) que deben presentar un proxecto que promova a inclusión no centro escolar e que inclúa a todo o alumnado nun dos 4 territorios: lecer, educación, emprego e accesibilidade universal. Para iso, o Grupo Social ONCE quixo sumar a CEAPA e CONCAPA, as federacións maioritarias de pais e nais de alumnos/as a esta nova iniciativa.

A participación dos estudantes e docentes realizarase por aulas completas (un traballo-unha aula). Os de Primaria e Educación Especial (Categorías A, B e E) terán que facer un cartel que reivindique as pautas para fomentar a inclusión e a igualdade dentro da súa contorna.

Pola súa banda, os de Secundaria, Bacharelato e FP (categorías C e D) terán que deseñar unha peza audiovisual de 60 segundos como máximo na que transmitan ideas de como fomentar a inclusión e a igualdade no lecer, a educación, o emprego ou a accesibilidade universal.

O xurado valorará de forma especial a creatividade, a calidade, a mensaxe e a accesibilidade así como aqueles proxectos que transcendan a límites da aula e busquen involucrar a outras persoas da súa contorna (compañeiros doutras aulas, veciños, familias, administración...).

Os directores, profesores e as AMPAS de todos os centros educativos que desexen participar no concurso e acceder aos materiais educativos, poderán facelo a través da propia web ou por vía telefónica no número gratuíto 900 808 111, sendo a data límite de recepción de participacións o 4 de febreiro de 2021.

Páxina web http://www.concursoescolaronce.es/

Twitter @ConcursoONCE

Facebook www.facebook.com/concursoescolaronce

Youtube http://www.youtube.com/user/concursoescolaronce

Instagram https://www.instagram.com/concursoonce/