Resolución do programa Radio na Biblio. Curso 2021/22

Mér, 03/11/2021 - 11:05
radio na biblio

Achégase arquivo da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio  no presente curso 2021/22, así como a relación de centros de continuidade (108). En total forman parte deste programa 138 bibliotecas escolares, distribuídas por todo o territorio galego.

O programa Radio na biblio pretende o reforzo das competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación do alumnado, mediante a creación dunha emisora ou laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar e contribúe á consecución dos obxectivos  do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares,  da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.