Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2021/22

Ven, 01/10/2021 - 10:04
r

Achégase Resolución do 29 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa Radio na biblio para o curso 2021/22, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos de titularidade da consellería que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (agás os incorporados no presente curso).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de outubro de 2021.