Convocado o proceso de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2021/22 e ampliación de participación dos 2019/2020 e 2020/2021

Xov, 05/08/2021 - 12:33
DigiCraft
DigiCraft

Coa finalidade de proceder á implementación nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2021/22, ampliar a participación dos centros seleccionados no curso 2019/20 e formalizar a participación na actividade formativa para os centros seleccionados no curso 2020/21, acaba de convocarse o proceso de selección dos centros.

As solicitudes segundo o documento anexo deberán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A, dirixindo a solicitude a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Presidencia da Xunta de Galicia.

Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico digicraft@edu.xunta.es segundo os prazos establecidos.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación comeza desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/) e remata o 16 de setembro de 2021.