Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Lun, 26/07/2021 - 14:49

Faise pública a Resolución e a relación provisional de persoas admitidas e excluídas co baremo dos méritos do persoal docente que participa no concurso de méritos específico para cubrir prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, para o vindeiro curso 2021/2022.

PRAZO DE RECLAMACIÓN:

  • O prazo de presentación de reclamacións é de 3 dias hábiles contados a partir do seguinte desta publicación, e polo tanto comprende dende o martes 27 de xullo ata o xoves 29 de xullo de 2021 (ambos incluídos).

  • As reclamacións á relación provisional poderán presentarse por vía electrónica utilizando o formulario PROO4A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal , ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano-Santiago de Compostela), ou ben por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.