Título node Learning object

A igualdade en Contratos-programa 2021/22
Mér, 23/06/2021 - 10:13
logo

Está aberto o prazo para solicitar a convocatoria de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe). Como sabedes, trátase dun programa a través do cal se achegan recursos extraordinarios para o traballo en distintas liñas de actuación, entre as cales se inclúe a igualdade. Neste curso escolar ofrécese esta liña de actuación para abordar os obxectivos coeducativos:

 

Actuación 2. IGUÁLA-T.

A educación é clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. Os centros educativos desempeñan un importante papel no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolles a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

 

Pódese consultar toda a información relacionada con contratos-programa nas seguintes ligazóns:

Prazo de presentación das solicitudes: ata o venres 17 de setembro de 2021.

Se necesitades asesoramento para solicitar a convocatoria non dubidedes en contactar coa Asesoría de Igualdade por teléfono (881 997 598) ou correo electrónico (asesoria.igualdade@edu.xunta.gal).