A cultura da Integridade e o Comportamento Ético da Sociedade Civil nas súas Relacións cos Poderes Públicos- Unidade Didáctica

Ven, 28/05/2021 - 11:15

Esta Unidade Didáctica, elaborada polo Consello de Contas de Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten o obxectivo de promover e difundir o comportamento ético e a integridade na sociedade, formando á mocidade a través do ensino para difundir as normas e os estándares de integridade en toda a sociedade. Está dirixido a alumnado de Educación Secundaria e conta cunha completa guía didáctica.