Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2021-22

Ven, 21/05/2021 - 08:01

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar é do 24 de maio de 2021 ao 4 de xuño de 2021, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Ligazón á normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

 

Máis información: https://www.edu.xunta.es/cadp/