Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/22

Mér, 19/05/2021 - 10:06

Resolución do 28 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/22.

  • O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 23 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o día 1 de setembro para os ciclos de grao medio.